Saturday 16 de November de 2024

Adxudicada a rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética da Casa do Concello de Ribeira


O Concello de Ribeira adxudicou hoxe o proxecto de Rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética da Casa do Concello cun presuposto de licitación de 2.341.788,42 euros.

A obra pretende mellorar a eficiencia enerxética do edificio do Concello mediante a construción dunha galería de vidro perimetral, a modo dunha fachada activa de dobre pel.
A nova galería deseñouse de modo que poida ter un comportamento variable segundo as distintas estacións do ano. No inverno acumula a calor producida pola radiación solar; aproveitándoa para quentar os espazos interiores, e no verán compórtase como unha cheminea de ventilación natural, xerando unha corrente natural de aire que produce un arrefriado do mesmo.
“Temos un rol esencial que desempeñar na loita contra o cambio climático e a preservación dos recursos naturais. Por iso o proxecto de renovación do edificio do Concello é vital para reducir o noso consumo de enerxía e minimizar a pegada de carbono.” afirmou o alcalde Luís Pérez.

O proxecto está financiado con fondos procedentes do Instrumento Europeo de Recuperación e executarase nun prazo de 10 meses.