O concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, presentou hoxe as escolas deportivas de inverno de Ribeira que comezan o vindeiro 16 de octubro.
A renovación de matrículas poderase facer dende o 11 ata o 16 de setembro, e as novas matrículas do 18 ao 22 de setembro. A modalidade de presentación das solicitudes será en Atención Cidadá en horario de 9:30 a 1:30 ou por vía telemática a través da páxina web do Concello, para o que é preciso o certificado dixital.
“Para nenos hai 12 categorías deportivas; atletismo, baloncesto, balonmán, kempo, nada e corre, multideporte, pádel, patinaxe artística, tenis, voléibol, ximnasia acrobática e ximnasia rítmica” explicou o concelleiro. “Para adultos hai escola de tenis en Artes e de pádel no Centro de Raqueta de Santa Uxía.”
A totalidade de prazas que se cubren oscilan entre 400 e 500 nenos e nenas, e empréganse tódalas instalacións municipais.