Friday 22 de November de 2024

Gran participación no torneo “Basket na rúa 3×3” celebrado esta fin de semana no pavillón municipal de Pontecesures


O Concello colaborou doando dez lotes de libros infantís, xuvenís e para adultos, que foron sorteados ao longo da xornada

A alcaldesa de Pontecesures, Maite Tocino, participou este sábado no acto de entrega de premios do campionato “Basket na rúa 3×3”, organizado polo Club de Baloncesto Río Ulla en colaboración co Concello de Pontecesures pero que por mor do mal tempo tivo que celebrarse no pavillón municipal de Pontecesures.

Un torneo moi concorrido, como amosa o feito de que houbo que habilitar novas categorías sobre as tres previstas: categoría A (de 8 a 11 anos), categoría B (de 12 a 15 anos) e categoría C (de máis de 16 anos). Como se xuntaron máis de oito equipos na categoría de adultos e na de cadetes, a organización determinou a convocatoria dunha cuarta e quinta categoría: Feminina B e Feminina C.

O Concello de Pontecesures colaborou tamén coa doazón de dez lotes de libros (infantís, xuvenís e para persoas adultas) que foron sorteados como agasallos durante toda a xornada.