Simposium Urban Solutions terá lugar en Santiago o próximo mes de outubro. Un evento que reunirá aos mellores profesionais e empresas da Península que presentarán as novidades en deseño e desenvolvemento de cidades eficientes, intelixentes, conectadas, innovadores e accesibles para os cidadáns.
O panel do simposium aínda non está do todo pechado, pero estará estruturado en 6 bloques: enerxía (renovables, comunidades enerxéticas, eficiencia enerxética…), iluminación (urbana, aforro enerxético…), parques urbanos (infantís, fitness, pistas deportivas…), mobilidade (transporte público, vehículo eléctrico…), infraestruturas (sistemas de rega, Smart Cities, Intelixencia artificial…) e sustentabilidade (xestión de residuos, depuración, economía circular…). Adxunto imaxes do director do Simposium, Roberto Carlos González, e do presidente do Cluergal, Oriol Sarmiento (entidade organizadora), así como o cartel do evento.