A programación inclúe patinaxe e tenis na pista deportiva do Roxal, e baile moderno e tradicional no centro cívico
O Concello de Neda abre inscricións na programación de actividades deportivas extraescolares Nedactívate dirixidas a nenos/as e mozos/as. Celebraranse, como o pasado ano, na pista deportiva do Roxal e no centro cívico, e arrancarán no mes de outubro. Así, no primeiro escenario ofertarase patinaxe e tenis, ao contar cunha pista de cemento adecuada ás actividades e cuberta en previsión dos días de choiva, e no segundo, haberá clases de baile moderno e baile tradicional.
As inscricións, abertas, poden realizarse no centro cívico de luns a venres de 9:15 a 12:15 h, e a veciñanza ten á súa disposición o número 981 49 44 31 para calquera consulta en relación ao programa.