O Concello de San Sadurniño volve poñer en marcha despois do verán a súa oferta de escolas culturais e deportivas para todas as idades: ximnasia para persoas maiores, fútbol, voleibol, gaita, pandeireta e baile tradicional. No caso do fútbol e do volei son a Escola de Fútbol Irmandiños e mailo Aldebarán quen se encargan da formación, polo que haberá que contactar directamente con esas dúas entidades para formalizar as inscricións. O teléfono da EF Irmandiños é o 667 55 32 29, mentres que o Aldebarán atende no 636 728186 e no 696 085 847.Para o resto das escolas será necesario facer antes a preinscrición chamando ao 981 490 027 ou pasando polas oficinas do Concello.
O prazo permanecerá aberto desde o venres 15 de setembro e cómpre que se xunten un mínimo de 8 solicitudes para cada unha das escolas. Unha vez que se confirmen os grupos poderase efectuar a matrícula a partir do día 3 de outubro na Casa do Concello ou pola Sede Electrónica.
Ademais, Cultura tamén ten previsto reanudar a actividade de música moderna impartida por Juan Leis e o seu equipo. O curso comezará o 4 de outubro e fai falla xuntar un grupo mínimo de 15 persoas para que a escola vaia adiante. As preinscricións tamén hai que facelas no 981 490 027 ou nas oficinas do Concello. Unha vez confirmada a praza será necesario -igual que no resto das escolas- rexistrar a folla de matrícula xunto co resgardo do pagamento.
Os horarios e lugares previstos -que poderían variar- son os seguintes:
XIMNASIA PARA PERSOAS MAIORES |
||||
Luns |
Martes |
Mércores |
Xoves |
Venres |
16:00 a 17:00 Naraío |
16:00 a 17:00 Igrexafeita |
16:00 a 17:00 Naraío |
16:00 a 17:00 Igrexafeita |
16:00 a 17:00 Santa Mariña |
17:15 a 18:15 Lamas |
17:15 a 18:15 San Sadurniño |
17:15 a 18:15 Santa Mariña |
17:15 a 18:15 San Sadurniño |
17:15 a 18:15 Lamas |
MÚSICA TRADICIONAL |
||||
Martes |
Mércores |
Xoves |
||
Iniciación PANDEIRETA 18:30 a 19:30 |
||||
Iniciación GAITA 19:30 a 20:30 |
Perfeccionamento PANDEIRETA 19:30 a 20:30 |
BAILE TRADICIONAL 20:00 a 21:00 |
||
Perfeccionamento GAITA 20:30 a 21:30 |
En canto ao uso por parte de entidades e particulares das instalacións culturais e deportivas municipais para o próximo curso, desde o Concello tamén se informa que o prazo de solicitude dos espazos está aberto desde o 31 de agosto. A petición debe rexistrarse no Concello ou na Sede Electrónica.
En canto ao uso por parte de entidades e particulares das instalacións culturais e deportivas municipais para o próximo curso, desde o Concello tamén se informa que o prazo de solicitude dos espazos está aberto desde o 31 de agosto. A petición debe rexistrarse no Concello ou na Sede Electrónica.
Como vén sendo habitual, o ximnasio continuará até outubro con horarios especiais. Entre o 11 e o 30 de setembro só abrirá polas tardes de 16:00 a 23:00h. Uns días antes de que arranque o mes que vén publicaranse os horarios da temporada que entra.
Por último, desde a semana pasada están xa en marcha as clases de Pilates na Casa da Cultura. Trátase dunha actividade fóra da oferta municipal ofrecida polo ximnasio Beni-Gym que se desenvolverá nos seráns dos luns e os mércores con prazas limitadas. Neste caso hai que anotarse chamando ao 665 957 056.