― O delegado da Xunta e o alcalde da Laracha visitaron a piscina municipal na que a Xunta investirá máis de 50.000 euros entre o 2023 e 2024 para a reparación de varios elementos neste edificio
― Trenor informou que perante o éxito desta convocatoria que provocou que 22 solicitudes de entidades municipais foran desestimadas por esgotamento de crédito, a Xunta decidiu sacar unha nova convocatoria de 2 millóns de euros para poder cubrir estas e outras novas peticións que será publicada nas vindeiras datas
O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde da Laracha, José Manuel López, visitou hoxe a piscina municipal para anunciar un investimento de 50.000 euros para levar a cabo a reparación de varios elementos neste edificio. Trenor informou que esta axuda encádrase dentro dunha nova orde de axudas subvencións dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable. En total na comarca de Bergantiños-Costa da Morte foron 7 os concellos beneficiados algunha das dúas liñas -instalacións ou equipamentos- ou con ambas as dúas por un importe de máis de 337.000 euros,
O importe total destas axudas ascende en Galicia a preto de seis millóns de euros (5.822.492 euros), dos que 3,4 millóns serán sufragados neste 2023 e os 2,4 restantes en 2024. Do orzamento total, 5 millóns de euros van destinados á liña I -instalacións deportivas- e os restantes 800.000 euros á liña II -material deportivo-.
Trenor informou que o importe das subvencións serán o 80% do investimento subvencionable, ata o límite de 50.000 euros na Liña I -instalacións- e 10.000 euros na Liña II -material-. A porcentaxe restante será achegada pola entidade beneficiaria.
Perante o éxito desta convocatoria que provocou que 22 solicitudes de entidades municipais foran desestimadas por esgotamento de crédito (todas elas na liña I de instalacións deportivas), a Xunta decidiu sacar unha nova convocatoria de 2 millóns de euros para poder cubrir estas e outras novas peticións que rematou o seu prazo de solicitude o pasado 10 de setembro.
Deste xeito, a Xunta de Galicia sacará neste 2023 tres novas ordes plurianuais para instalacións deportivas. Ademais desta primeira orde para concellos de 6 millóns de euros e a segunda, que terá un orzamento de 2 millóns de euros; tamén cómpre destacar a orde para as instalacións de entidades deportivas cun orzamento de preto de 1,3 millóns de euros (sendo executados neste 2023, 600.000 euros). Con todo, o Goberno galego destina neste 2023 preto de 22 millóns de euros para a construción e mellora de instalacións deportivas, o que representa o 50% de todo o orzamento histórico da Secretaría Xeral para o Deporte da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que neste exercicio acada máis de 44 millóns de euros.
A provincia máis beneficiada por este nova orde foi A Coruña con 87 axudas para 53 concellos;
AXUDAS COMARCA BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE
LIÑA I | |||||
SOLICITANTE | DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN | ORZAMENTO DA ACTUACIÓN | AXUDA CONCEDIDA 2023 | AXUDA CONCEDIDA 2024 | TOTAL AXUDA |
CORCUBIÓN | OBRAS DE MELLORA NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL | 61.907,75 € | 29.131,31 € | 20.394,89 € | 49.526,20 € |
DUMBRÍA | MELLORA ACÚSTICA EN PAVILLÓN POLIDEPORTIVO | 62.487,59 € | 29.404,16 € | 20.585,91 € | 49.990,07 € |
ZAS | REFORMA DE INSTALAC. DEPORTIVAS EN ZAS. PISTA MULTIDEPORTIVA…. | 68.508,85 € | 29.410,00 € | 20.590,00 € | 50.000,00 € |
CEE | RENOVACIÓN PISTA ATLETISMO. CAMPO FÚTBOL MUNICIPAL | 82.838,49 € | 29.410,00 € | 20.590,00 € | 50.000,00 € |
A LARACHA | ACTUACIÓN REPARACIÓN VARIOS ELEMENTOS PISCINA | 133.635,45 € | 29.410,00 € | 20.590,00 € | 50.000,00 € |
VIMIANZO | ACONDICIONAMENTO DE PISTA DE ADESTRAMENTO | 48.375,80 € | 22.763,72 € | 15.936,92 € | 38.700,64 € |
TOTAL LIÑA I COSTA DA MORTE | 457.753,93 € | 169.529,19 € | 118.687,72 € | 288.216,91 € | |
LIÑA II | |||||
SOLICITANTE | DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN | ORZAMENTO DA ACTUACIÓN | AXUDA CONCEDIDA 2023 | AXUDA CONCEDIDA 2024 | TOTAL AXUDA |
CORCUBIÓN | ADQUISICIÓN MATERIAL DEPORTIVO INVENTARIABLE | 11.768,62 € | 5.537,84 € | 3.877,05 € | 9.414,89 € |
ZAS | ADQUISICIÓN EQUIPAMENTO DEPORTIVO CARDIOVASCULAR PARA XIMNASIO MUNICIPAL | 18.148,79 € | 5.882,00 € | 4.118,00 € | 10.000,00 € |
CEE | ADQUISICIÓN MATERIAL DEPORTIVO INVENTARIABLE | 12.454,61 € | 5.860,64 € | 4.103,05 € | 9.963,69 € |
VIMIANZO | MATERIAL DEPORTIVO | 9.234,84 € | 4.345,55 € | 3.042,33 € | 7.387,88 € |
PONTECESO | PROTECCIÓN COLUMNAS PAVILLÓNS | 2.798,19 € | 1.316,72 € | 921,84 € | 2.238,56 € |
A LARACHA | SUBMINISTRO EQUIPAMENTO MATERIAL PARA XIMNASIO | 46.881,19 € | 5.882,00 € | 4.118,00 € | 10.000,00 € |
TOTAL LIÑA II COSTA DA MORTE | 101.286,24 € | 28.824,75 € | 20.180,27 € | 49.005,02 € | |
TOTAL COSTA DA MORTE | 559.040,17 € | 198.353,94 € | 138.867,99 € | 337.221,93 € |