Friday 22 de November de 2024

Pompas Fúnebres da Coruña anuncia o seu patrocinio co F.C Hércules S.D de Oleiros para a Tempada 2023-2024


Pompas Fúnebres da Coruña, é patrocinador do equipo F.C Hércules S.D de Oleiros para a tempada 2023-2024. Este acordo de patrocinio presentouse oficialmente o pasado sábado, 9 de setembro, nun evento que tivo lugar no campo de xogo do equipo oleirense. A presentación do patrocinio incluíu a revelación das novas camisetas do equipo para a tempada 2023-2024, que levan o logotipo de Pompas Fúnebres da Coruña.

“En Pompas Fúnebres da Coruña, entendemos que a vida está chea de momentos tanto alegres como difíciles. A nosa misión é estar á beira das familias nos seus momentos máis delicados, brindando apoio e servizos que alivian a carga emocional. Pero tamén cremos que debemos estar noutros momentos da vida das persoas”, apuntou Isabel Tamarit, directora de Pompas Fúnebres. E engadiu: “Cremos no poder do deporte para unir ás persoas e fomentar valores positivos. Ao patrocinar ao Hércules, non só estamos a apoiar ao equipo, senón que tamén estamos a investir na saúde e o benestar da nosa comunidade. Este acordo é unha mostra do noso compromiso non só coa Coruña senón tamén a súa área metropolitana, onde se atopan Oleiros e Cambre”.

No evento estivo presente Ana Seoana, responsable de Atención ás Familias, que leva máis de 20 anos desenvolvendo o seu labor en Pompas Fúnebres. Con esta iniciativa refórzase o compromiso de Pompas Fúnebres cos veciños e co seu desexo de contribuír ao benestar na zona e a xerar accións de impacto positivo.

Sobre Pompas Fúnebres

Pompas Fúnebres é unha empresa de servizos funerarios que naceu na Coruña distinguida polo seu compromiso coa humanidade, a empatía, a transparencia, a confianza, a responsabilidade social empresarial e a sustentabilidade que fai que se converta na mellor elección en momentos de duelo. Acompañamos ás persoas e ás súas familias na súa despedida brindándolle o acompañamento e apoio que necesitan nos momentos máis difíciles, mantendo sempre o respecto pola vida e a comunidade no centro de todo o que facemos.