Dentro das numerosas actividades que o Concello organiza para os centros de ensino público, durante o vindeiro curso escolar os nenos e nenas do municipio practicarán escalada deportiva, surf, remo, kaiak de mar, rugby, hóckey a patíns, parkour e zumba.
Desta maneira compleméntase á propia asignatura de educación física, incluíndo unidades didácticas que polas súas características materiais e de infraestrutura non poderían realizarse nos centros. Ademais de favorecer unha formación físico-deportiva máis completa, enriquecedora e diversificada, foméntase o coñecemento de actividades e instalacións municipais á súa disposición.