― Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron esta achega no marco das inspeccións rutineiras na zona
― O vertido tiña orixe na rotura dun colector de saneamento da rede municipal na parroquia de Santa Cristina de Barro
― Nunha inspección recente, os técnicos autonómicos verificaron que as intervencións realizadas polo Concello permitiron a emenda do vertido ao dominio público
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais ao río Vilacoba, no concello de Noia.
Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron esta achega no marco das inspeccións rutineiras nos concellos da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, de competencia autonómica.
Os inspectores da Xunta localizaron a achega nun colector de saneamento da rede municipal, que presentaba unha rotura nun tramo da parroquia de Santa Cristina de Barro.
Augas de Galicia comunicoulle a situación ao Concello de Noia para que procedese a adoptar as medidas necesarias para emendar a achega contaminante.
Nunha nova inspección á zona, o persoal da Xunta verificou que as obras executadas pola entidade local para reparar e selar o colector permitiu a emenda do vertido irregular cara ao dominio público marítimo-terrestre.