Saturday 16 de November de 2024

Inés Rey traslada todo o apoio da cidade ao Deportivo ABANCA ante unha “temporada ilusionante”


A alcaldesa, Inés Rey, quixo desplazarse esta mañá a Abegondo para mostrar o seu apoio a plantilla do Deportivo ABANCA cara ao primeiro partido da temporada ante o CE Europa de Barcelona. A rexedora estivo acompañada polo presidente do Real Club Deportivo, Álvaro García Diéguez, e o conselleiro do club e ex xogador, Álex Bergantiños.

Rey tivo a ocasión de charlar coas xogadoras e co equipo técnico do Deportivo ABANCA nas instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo, desde onde o equipo partiu a Barcelona. A alcaldesa desexoulle toda a sorte ao equipo para afrontar “unha temporada ilusionante”, coa mirada posta no ascenso á máxima categoría, e trasladoulle o apoio de toda a cidade.

Inés Rey quixo lembrar o papel feito no club por xogadoras como Tere Abelleira, agora campioa do mundo, que tamén conseguiu o ascenso á máxima categoría co Dépor ABANCA. “Formar parte deste equipo é unha responsabilidade, pero tamén é unha honra pertencer ao club feminino máis representativo de Galicia”, dixo.