Friday 22 de November de 2024

A Falperra celebrará as súas festas populares do 12 ao 17 de setembro


Cine, teatro, comercio e música forman parte dunha programación pensada para todos os públicos

O Concello da Coruña, a través da súa área de Fomento e Promoción da Cidade, colabora na organización, do 12 ao 17 de setembro, as festas populares do barrio da Falperra. Estas celebración enmárcanse dentro das Festas nos Barrios que promove o Goberno de Inés Rey durante todo o ano, dotándoas dunha variada e ampla programación para fortalecer os vínculos veciñais.

No caso da Falperra, as celebracións comezarán o martes, 12 de setembro, con pasarrúas no barrio. O mércores haberá unha sesión de cine na rúa coa proxección de ‘A todo tren.
Destino Asturias’ na rúa Industrial a partir das 21.00 horas. O venres 15, por outra banda, haberá unha sesión de teatro coa representación de ‘Macedonias’, da Casa Hamlet, ás 20.00 horas na rúa Alfonso VII.

O sábado 16 e o domingo 17 haberá diferentes actuacións musicais e de baile na rúa.
Tamén haberá inchables, karts e xogos infantís. O sábado comezará coa sesión vermú a cargo de The Nunzia’s Rock Cover Band, a partir das 13.30 horas. ÁS 17.30 horas será a quenda do Grupo Danzas de arte y cultura peruana. ÁS 18.30 horas actuará Manquiña & Los Fabulosos Weekend. Ás 20.30 horas celebrarase a Festa Holi e, por último, ás 22.00 horas actuará Pablo Balseiro & The Verbenian Orquestra. Durante a xornada celebrarase a IX edición do Día do Comercio na Rúa.

O domingo 17 a programación das festas da Falperra comezará ás 13.00 horas coa actuación de Cantabaila. Ás 14.00 horas haberá sesión vermú con Virtual Project e pola tarde actuarán Danza 10 (17.30 horas), Semiconfusas (18.00 horas) e Amizades (20.00 horas).