Sábado 9 de setembro de 2023
Actividade: “II Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage”
Lugar: Pavillón da Mocidade (A Gándara)
Hora: De 10.00 a 14.30 e dende as 16.30 ata as 21.00 horas
O Concello organiza a convocatoria, na que participarán unha trintena de anticuarias e anticuarios, xunto á asociación Ferro Vello. A entrada é de balde.
Actividade: “VIII torneo Internacional Cidade de Narón de fútbol 8”
Lugar: Estadio municipal de Río Seco
Hora: De 16.00 a 23.00
O Concello e a Sociedade Deportiva, Cultural e Recreativa Narón-O Freixo organizan este evento deportivo en colaboración coa Real Federación Galega de Fútbol. Máis de medio milleiro de deportistas procedentes de clubs de Galicia, Castela León, Portugal… daranse cita neste evento deportivo.
Actividade: “O poder oculto: mulleres e alta capacidade”
Lugar: Auditorio municipal de Narón
Hora: De 17.00 a 19.00
O Concello e a asociación Áurega organizan esta conferencia, con entrada de balde e na que intervirán como relatores os psicólogos clínicos Félix Ruiz e José Luis Pérez.
Actividade: “Noites á fresca”
Lugar: Pazo da Cultura (Café Teatro)
Hora: 21.00
O Concello organiza a cuarta edición deste evento, con entrada libre ata completar a capacidade do Café Teatro. Ás 21.00 horas actuará a formación “Caldo” e ás 22.15 dará comezo o concerto de “Tesouro”.
Domingo 10 de setembro de 2023
Actividade: “VIII torneo Internacional Cidade de Narón de fútbol 8”
Lugar: Estadio municipal de Río Seco
Hora: De 10.00 a 20.00