Un ano máis, o Concello pon en marcha o programa municipal de actividade acuática escolar nas piscinas da Fábrica, Oleiros e Dorneda. As clases comezan en outubro e rematarán en xuño.
As inscricións poderán realizarse entre os días 18 e 23 de setembro na piscina que lle corresponda realizar a actividade. Entregarase información detallada a todas as familias nos colexios.