Friday 22 de November de 2024

O Concello reactiva a programación das escolas deportivas municipais con inscricións abertas


Inclúe diferentes modalidades de ximnasia, zumba, ioga, pilate, baile moderno, e como novidades, baile tradicional e bailes latinos

Co inicio do curso escolar, o Concello de Neda reactiva a programación das escolas deportivas municipais no Centro Cívico con inscricións abertas de luns a venres de 9:15 a 12:15 h nas propias instalacións. A oferta de “NedActívate” inclúe diferentes modalidades de ximnasia -de mantemento, terapéutica, funcional e saudable-, zumba, ioga e pilates. Comonovidades, incorpórase a baile moderno, baile tradicional e bailes latinos, que arrancarán en outubro de constatarse demanda para a creación de grupo. Así mesmo, o Concello tamén iniciará o próximo mes as actividades no ximnasio guiadas por monitor.

A estas clases sumaranse tamén as extraescolares deportivas que se ofertarán durante este curso na pista polideportiva do Roxal, tenis e patinaxe, dirixidas especialmente a nenos e nenas, tamén sempre e cando se reúna o número mínimo de participantes.

O Concello de Neda pon a disposición da cidadanía o teléfono 981 49 44 31 para atender consultas.