Para a realización das obras de reparación dun afundimento no pavimento da avenida Che Guevara en Perillo, á altura da intersección coa rúa Neira Vilas, será preciso cortar o tráfico a partir da noite do domingo. En horario diúrno poderá circularse con normalidade pola avenida pero polas noites será necesario utilizar os desvíos habilitados.
Os vehículos que circulen dirección Santa Cruz terán que desviarse pola rúa Corredoira das Viñas. No caso dos vehículos que vaian dirección A Coruña terán que coller a rúa Miradoiro na rotonda de Che Guevara.
Tan pronto como finalice a obra recuperarase a normalidade na circulación nocturna.