O Concello de Ribeira participa cun stand de turismo propio na VII edición de Expocidades, que se celebra en Valongo do 6 ó 10 de setembro.
A Mostra Turística das Cidades do Eixo Atlántico é un evento de gran relevancia que reúne a diversas cidades situadas na costa atlántica de España e Portugal co obxectivo de promover o turismo e poñer en valor as características culturais, naturais e gastronómicas que ofrecen os distintos destinos participantes. O evento xoga un papel fundamental na promoción do turismo sostible e a cooperación transfronteiriza entre as cidades participantes.
“Esta feira ten como propósito a promoción do turismo de cercanía pero tamén é unha oportunidade para fortalecer os vínculos culturais e económicos entre as rexións e para afrontar retos comúns, como a xestión sostible dos recursos naturais e a promoción dun turismo responsable.” explica o concelleiro de Turismo, Festexos, Relacións Institucionais e Novas Tecnoloxías Franciso Suárez-Puerta Colomer.