A cita inclúe mercados de produtos autóctonos, feiras de gando, cabalos, antigüidades, demostracións de cetrería e degustacións
Este próximo sábado, 5 de decembro, O Mesón do Vento celebrará o I Feirón Adina. A cita desenvolverase no recinto feiral en horario de mañá e acollerá un gran mercado de produtos autóctonos con degustacións. O programa tamén inclúe unha feira de gando vacún, con vacas e bois; feira cabalar, feira de antigüidades e demostracións de cetrería.
Este I Feirón Adina está organizado pola asociación de veciños Campo da Festa San Pedro de Ardemil en colaboración co Concello de Ordes.