● O equipo municipal de obras e mantemento encargouse de poñer a punto o centro educativo e a súa contorna antes do inicio do curso escolar.
● Realizáronse rozas, renováronse beirarrúas e outros pavimentos e arranxáronse os peches, entre outras actuacións.
O equipo municipal de obras e mantemento do Concello de Miño encargouse nas últimas semanas de poñer a punto as instalacións do CPI Castro Baxoi antes do comezo do curso, realizando traballos de mellora e acondicionamento en distintos espazos.
Os labores de mantemento, que son habituais todos os anos, incluíron neste caso: a reparación do peche lateral e do traseiro, ademais da malla do invernadoiro, a reposición dun valo na zona de baixada ás aulas, o coidado das zonas verdes, a retirada de pedras no patio, a mellora do parque de educación infantil, a creación de ramplas para mellorar a accesibilidade, o acondicionamento da zona do patio que limita cun noiro para efectuar a recollida de pluviais e outras actuacións.