Friday 22 de November de 2024

Alternativa fai un chamamento a administracións e particulares para salvar as palmeiras do picudo


A peste do picudo está a eliminar a inmensa maioría das palmeiras da Coruña, como xa aconteceu antes en Pontevedra e en outras provincias de España. Para evitar esa peste que acaba coas palmeiras existe un tratamento que resulta economicamente moito máis barato que a tala da árbore. As máis de 150 palmeiras do Concello de Oleiros foron tratadas na súa totalidade e, agás un par de casos, mantéñense libres desta peste.

Conservando as palmeiras fomentamos o coidado do medio ambiente e embelecemos a nosa paisaxe. Ademais, nas propiedades privadas forman parte da historia das familias.