Un total de 9 espectáculos de sala conforman a programación cultural de Oleiros para o último trimestre do ano. Teatro, danza e música protagonizan a programación cultural de outono do Concello de Oleiros, que se inicia o 7 de outubro co concerto de Amoeba Split.
Todos os espectáculos terán lugar no Auditorio Gabriel García Márquez, en Mera, agás a o concerto do sábado 7 de outubro e a proxección cinematográfica do día venres 17 de novembro, que se celebrarán no Auditorio da Fábrica de Perillo.
O Concello de Oleiros ofrecerá o sábado, 14 de outubro, a obra de teatro Sen lingua, de Serea Produccións baixo a dirección de Noelia Papín. O 21 de outubro, Pistacatro presenta DROP, un espectáculo que compara o xogo e os malabares coa vida.
O 28 do mesmo mes Compañía Entremans presenta Bionic, un espectáculo de danza creado e interpretado por Armando Marén e Ana Beatriz Pérez onde se recrea un encontro poético entre dis¬ciplinas onde a luz, o son e o movemento comparten universos.
O día 4 de novembro Redrum Teatro presenta Hamelín no Auditorio García Márquez; e o día 11 de novembro será a quenda de Talía Teatro que presentará Unha inimiga do pobo, unha adaptación dunha das pezas máis sig-nificativas da literatura dramática universal para denunciar unha forma de facer política que antepón os beneficios económicos sobre a saúde da poboación.
O venres 17 de novembro, ás 21:00h proxectarase no Auditorio da Fábrica O médico dos pobres, un documental de Federico A. Rioboo que narra a vida de Manuel Díaz “O Pequeniño”; médico rural, deputado provincial e alcalde do Incio durante a II República.
O sábado 18 de novembro De Ste Xeito Producións presenta BACKUP, a resurrección de Nuno, unha obra de teatro onde se ofrece a posibilidade de resucitar dixitalmente o finado avó de Nuno, a través dun innovador dispositivo de In¬telixencia Artificial o que dará lugar a que saian á luz conflitos e segredos que enfrontarán aos membros da familia.
O sábado 25 de novembro ás 20:30 horas no auditorio de Mera, Stracciatella Teatro presentará O refuxiado onde un político ambicioso, sen escrúpulos nin cultura, acepta o consello do seu audaz xefe de gabinete para solucionar un inmi¬nente proceso por corrup¬ción: acoller un refuxiado na casa.
Consulta a programación municipal en: https://www.oleiros.org/programaci%C3%B3n-auditorios-municipais