Saturday 16 de November de 2024

Servizos Sociais de Ordes pon en marcha a campaña ‘Un Nadal para todos’


O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes emprende, un ano máis, a súa campaña ‘Un Nadal para todos’. A través desta iniciativa veciños e veciñas poden facer que as familias con menos recursos desfruten destas festas. Simplemente basta con adquirir produtos envasados ou bebidas non alcohólicas nos supermercados Gadis, Covirán e Eroski e depositalos nos contedores instalados nos mesmos establecementos. A campaña arranca hoxe e estará vixente ata o próximo 15 de decembro.