Friday 22 de November de 2024

O Concello de Paderne tramita a talla de cinco árbores que supoñen unha ameaza para a Escola Infantil de Viñas


 O novo equipo de goberno decidiu eliminar os cinco árbores lindeiras á escola infantil por risco de caída

 Prevese que a actuación leve a cabo antes do inicio das clases

O Concello de Paderne atópase en trámites para iniciar a talla de cinco grandes árbores que ameazan a seguridade da Escola Infantil de Viñas. #Ante o risco de caída sobre as instalacións, a nova corporación planea que antes do inicio do curso escolar se solvente o problema.

Estes cinco árbores atópanse nas inmediacións da escola infantil e teñen varios metros de altura, polo que un forte vento ou un temporal durante os meses de inverno pode ser motivo de caída.

Desde o goberno local sinalan que ‘son exemplares grandes que xa levan tempo sendo unha rocha para a escola e hai que eliminalos para previr calquera desgraza’.

Os traballos de talla terán un custo aproximado de 2.000 euros e realizaranse o máis pronto posible para garantir a máxima seguridade para os alumnos e o persoal do centro.