O concello de Ribeira aprobou, mediante a Xunta de Goberno Local, a modificación do sentido da circulación na rúa Doctor Torres de Palmeira atentendo á demanda urxente dos veciños e veciñas.
O cambio responde á problemática do paso simultáneo de vehículos e á necesidade de regular a liña de estacionamento habitual nesa rúa; co propósito de asegurar o tránsito dos peóns e residentes.
“Tras reunirnos cos veciños, vimos que o exceso de circulación de vehículos en ambos sentido aumentaba o risco de accidentes” explica o alcalde Luís Pérez. Debido ao caracter residencial da rúa, procedeuse a establecer o sentido único ascendente (dende o
atrio ate a rúa Río Azor) e a delimitar o estacionamento ao lado esquerdo da vía mediante as sinalizacións correspondentes.