As clases serán no último trimestre do ano e haberá tres categorías: infantil, xuvenil e adultos
O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Deportes, abre este luns 4 de setembro o prazo de inscrición para os cursos de iniciación ao golf do cuarto trimestre do ano, nos outubro, novembro e decembro. O período de presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de setembro ás 23.59 horas.
Haberá tres grupos de idades diferenciados: infantil, de 6 a 11 anos; xuvenil, de 12 a 16 anos; e adultos, de 17 en adiante. Os cursos desenvolveranse no campo municipal de golf da Torre de Hércules desde o vindeiro 1 de outubro todos os días da semana agás os mércores.
Ofértanse un total de 144 prazas entre os tres grupos. A de maior número de prazas é a categoría para adultos, por tratarse da máis demandada. A listaxe provisional de persoas admitidas farase pública o 12 de setembro na web municipal da Concellaría de Deportes e nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas municipais. A listaxe de adxudicatarios definitiva publicarase o 15 de setembro e a matrícula levarase a cabo no propio campo de golf da Torre do 21 ao 27 de setembro.