A Escapp é unha nova aplicación especifica para vítimas de violencia de xénero que permite ás mulleres obter información de apoio e acceder a recursos, coma CIM, comisarias, ou hospitais, entre outros
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe un convenio de colaboración co presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, Fernando Suárez, para botar andar a Escapp, unha aplicación especifica para axudar ás mulleres vítimas de violencia de xénero.
Ademais o Acordo asinado busca favorecer unha innovación tecnolóxica que contemple a perspectiva de xénero e axude a superar esa desigualdade tecnolóxica das mulleres e contribúa á loita contra a violencia de xénero, a través de accións formativas, de información e divulgación, facendo fincapé especial na xente moza e o seu uso das tecnoloxías.
Alfonso Rueda agradeceu ao Colexio de Enxeñeiros Informáticos pola súa colaboración nunha materia de tanta importancia non só para o Goberno, senón para toda a sociedade, xa que a procura da igualdade e a erradicación da violencia de xénero son dous obxectivos fundamentais dunha sociedade moderna.
Dende a Xunta séguese traballando para poñer medidas para acadar a igualdade real entre homes e mulleres e rematar con esa lacra, polo que se está a traballar dende todas as frontes, dende a educación, as axudas ás mulleres, o apoio psicolóxico, o asesoramento legal e tamén a labor policial. E ademais, sinalou a importancia da colaboración entre todas as administracións e institucións para loitar xuntos contra este problema, para concienciar á sociedade e, sumando esforzos, acabar dunha vez con esta lacra.
As novas tecnoloxías non poden ser alleas a este obxectivo tan difícil e tan necesario como é lograr unha sociedade igualitaria e sen violencia de xénero. Por unha banda favorecer un tipo de innovación tecnolóxica que contemple a perspectiva de xénero e axude a superar calquera desigualdade tecnolóxica e social que poidan estar a sufrir as mulleres. E por outra parte utilizar estas novas tecnoloxías para sensibilizar e favorecer a loitar contra a violencia de xénero, a través de accións formativas, de información e divulgación.
Esta nova aplicación para vítimas de violencia de xénero, permite ás mulleres vítimas do maltrato obter información de apoio e acceder a recursos, coma CIM, comisarias, ou hospitais, entre outros,de interese e próximos á súa localización. Todo iso dunha forma áxil, sinxela, intuitiva, gratuíta e sobre todo confidencial xa que a aplicación está deseñada para que permaneza oculta no menú do teléfono de tal maneira que tan só a usuaria implicada saiba que dispón dunha aplicación sobre violencia de xénero.
A APP “Escapp: Aplicación móbil de apoio ás vítimas de violencia de xénero”·, é un recurso máis que a Xunta pon a disposición de todas as mulleres que poidan estar sufrindo una situación de violencia de Xénero en Galicia. A aplicación, de descarga gratuíta, está deseñada para informar e apoiar ás mulleres que sofren violencia de xénero e a calquera persoa que detecte no seu entorno unha posible situación de violencia de xénero e queira obter información ao respecto. Trátase se achegar información accesible e sinxela, a través do teléfono móbil, aproveitando o potencial das novas tecnoloxías, e abrindo unha nova vía de colaboración interinstitucional, neste caso co Colexio Profesional de Enxeñería Informática.
Segundo explicou o presidente do Colexio Profesional de Enxeñería Informática, Fernando Suárez, a Escapp é unha aplicación que ten por obxectivo achegar información de utilidade ás mulleres que se atopan nunha situación de violencia de xénero e a todas as persoas que poidan axudar a rematar con este tipo de situacións. A idea foi crear unha aplicación de moi sinxelo uso e intuitiva, pero que recolla os principais consellos e recomendacións para mulleres vítimas de maltrato de xénero. Así, ademais de apartados como “primeiros sinais”, “que facer” ou “preguntas frecuentes”, recolle un completo directorio de recursos como centros de información á muller, hospitais, corpos de seguridade ou servizos sociais. Todos eses recursos están xeoposicionados, de forma que se presenten os máis próximos á usuaria. A aplicación camúflase como unha app de información xenérica para evitar sospeitas, e está protexida por un contrasinal que debe determinar a propia usuaria.
Uso da APP
A App discorre a través de 6 ítems moi sinxelos e prácticos, que consiste en primeiros sinais do maltrato, qué facer, tips para a túa seguridade, preguntas frecuentes, preto de min, directorio, chama e infórmate, e galería audiovisual.
1.- Primeiros sinais do maltrato: Pautas para identificar si estás vivindo potencias situacións de maltrato
2.- Que facer: consellos e indicacións de como proceder tanto se a muller é vítima de violencia directamente ou pautas de como actuar para calquera persoa que teña coñecemento dunha situación deste tipo
3.-Tips para a túa seguridade: ofrece pautas de actuación a quen viva situacións de violencia, tanto se aínda non abandonou a dita situación (ofrece consellos claros e directos de como proceder para rachar con ela), como si xa se denunciou a situación (ofrece consellos para a seguridade física da vítima)
4.- Preguntas frecuentes: contén a resposta ás preguntas que as mulleres que padecen violencia de xénero realizan de xeito recorrente, sobre todo en relación coa denuncia e a súa interposición, sobre a orde de protección e o que implica e sobre os recurso dos que pode dispoñer.
5.- Preto de min: Activa a través do xeoposicionamento da vítima ou persoa que use a APP todo o directorio de recursos existente en Galicia: CIMs, comisarias, hospitais, xulgados específicos etc.
6.- Directorio: Figuran os datos completos da totalidade dos recursos existentes en Galicia (enderezos e teléfonos)
7.-Chama e infórmate: Solo con pulsar esta opción de establece a chamada directa co 016 ou co teléfono 900400273 de información ás mulleres
8.- Galería audiovisual: enlaza coa canle que a Secretaría xeral da Igualdade ten activo en youtube e no que se soben os diferente produtos audiovisuais que se elaboren en diferentes proxectos. Se actualiza automaticamente, de xeito que actualizada a canle actualizada a App