PRODUCÍRONSE ALTERCADOS EN LORBÉ E EN DORNEDA E Os DE SANTA CRUZ NON SÓ TIVERON LUGAR O PRIMEIRO DÍA, CO “XACOBEBO”, SENÓN TAMÉN O ÚLTIMO, COA SESIÓN DE FOGOS ARTIFICIAIS
En opinión do Partido Popular é intolerable que o Alcalde traslade a responsabilidade da falta de seguridade e medios en Oleiros aos visitantes que veñen de fóra do concello. O mínimo que se lle pode esixir ao goberno municipal #ante a celebración de eventos como as festas de Perillo é prevención e capacidade de reacción.
A incoherencia habitual demostrada por Gelo, queda novamente de manifesto nos seus cambios de opinión.
O último caso céntrase no sucedido ao redor dos buses nocturnos que se solicitaron para as festas de Perillo, que comezan hoxe. Inicialmente presentábase a medida como necesaria para evitar aglomeracións e procurar a seguridade das persoas que participan nas festas poñendo á súa disposición un medio de transporte público e colectivo para que os asistentes non tivesen que conducir.
Agora Gelo cambia de opinión e ameaza con boicotear o servizo de buses nocturnos, a través dun exercicio de maniqueísmo polo que chega á conclusión de que os de fóra do concello son malos e os de Oleiros son os bos.
O Partido Popular de Oleiros sostén desde hai moito tempo, e así o manifestou en infinidade de ocasións, que o problema da falta de seguridade no concello débese a un persoal da Policía Local infradotada. Esta situación implica que con frecuencia nin sequera haxa axentes para realizar unha patrulla polo concello e agrávase coa celebración de eventos que implican a aglomeración de persoas, como quedou de manifesto fai só unhas xornadas durante as festas de Santa Cruz.
Desde o Partido Popular opinamos que o alcalde debe de deixar de mentir, enganar e manipular -que é o que vén facendo con estes temas desde hai moito tempo- #ante eventos que poden orixinar algún altercado pero que, en xeral, son do agrado de todos os veciños.
“A próxima semana estableceremos contacto con responsables do PSOE e do BNG para levar a un Pleno Extraordinario, unha vez máis, o problema da seguridade, que abarca non só aos festexos de Oleiros senón tamén a esa carencia de medios humanos e materiais que desde o Partido Popular vimos reclamando repetidamente desde hai anos.” declarou Loli Silva, portavoz popular no concello.