O Concello está a investir 246.679 euros en diversas obras de mellora nos campos de fútbol municipais.
Por un lado, estanse a pechar pola parte traseiras as gradas dos campos Nano García de Iñás e Leonardo Maceira dos Regos, neste último caso ademais situarase o ambigú e os aseos na propia grada. Tamén se está a renovar a iluminación no terreo de xogo destes dous recintos e dos campos Eugenio Pardo Conchado de Oleiros e O Redondo de Montrove.