· A proba, organizada polo Concello e a Comunidade de Propietarios Polígono de Bergondo, celebrarase o 7 de outubro.
· As inscricións pódense formalizar en www.carreirasgalegas.com.
O Concello de Bergondo e a Comunidade de Propietarios Polígono de Bergondo organizan o III Urban Trail Polígono de Bergondo, que ten carácter solidario xa que o 100% do recadado irá parar á Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA).
A proba, na que colaboran o Club Atlético Bergondo e a Federación Galega de Atletismo, celebrarase o sábado 7 de outubro e as inscricións para participar xa están abertas na páxina web www.carreirasgalegas.com. Hai diferentes modalidades: carreira de 6 km, de 1 km, de 500 metros e de 100 metros; e andaina de 6 km.
Para máis información as persoas interesadas poden enviar un correo electrónico a administracion@poligonodebergondo.com ou chamar ao teléfono 981 795 422.