O Faro de Corrubedo acolleu hoxe un voluntariado ambiental co propósito de controlar e eliminar da especie exótica invasora Carpobrotus edulis en áreas localizadas.
A iniciativa enmárcase dentro da campaña “Traballando pola mellora do patrimonio natural” xestionada polo Grupo Naturalista Hábitat en colaboración co Concello de Ribeira e a Fundación de A Banca.
“Na contorna do Faro de Corrubedo, o Carpobrotus está a estenderse de xeito exponencial dende fai anos, comprometendo a biodiversidade e restrinxindo o espazo ocupado por especies autóctonas” explica a concelleira de Medioambiente Antía Alberte.
Durante a xornada, na que participaron 120 estudantes e docentes da Universidade Intercontinental da Empresa (UIE), retiraron 3 toneladas e media desta especie incluídano Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras. Os restos vexetais foron xestionados por un xestor autorizado.
Todas as actividades teñen como obxectivo xeral a implicación e traballo activo a prol da natureza a través do voluntariado ambiental, visitando en cada xornada espazos diferentes e centrando esforzos en tarefas concretas.