Sunday 24 de November de 2024

Os consellos parroquiais volverán a partir de setembro para seguir fomentando a participación veciñal na xestión munici-pal


Os consellos parroquiais retomarán a súa actividade no mes de setembro. Dende o Concello de Carballo queremos seguir fomentando a participación veciñal na xestión municipal, e os consellos parroquiais constitúen dende o ano 2017 unha canle fundamental.

Nestes momentos están constituídos 16 consellos parroquiais, nos que participan de xeito directo máis de 300 veciños e veciñas, e moitos máis de xeito indirecto, xa que antes da reunión cos representantes municipais é habitual que a veciñanza celebre xuntanzas abertas para recoller as propostas que despois serán traslada-das aos representantes municipais.

Nos consellos parroquiais participan o alcalde, Evencio Ferrero, e representantes de todos os grupos políticos municipais. Por parte da veciñanza hai participación do movemento asociativo, aínda que as portas están abertas a aquelas persoas que queiran sumarse a título individual. O obxectivo destes órganos de participa-ción veciñal é recoller as propostas da cidadanía para telas en conta á hora de decidir sobre o investimento dos fondos públicos.

Neste curso as sesións celebraranse os xoves ás 20.00 horas entre os meses de setembro e febreiro. O calendario provisional é o seguinte:
• 14 de setembro, Aldemunde
• 21 de setembro, Ardaña
• 26 de outubro, Artes
• 2 de novembro, Bértoa
• 9 de novembro, Cances
• 16 de novembro, Entrecruces
• 23 de novembro, Goiáns
• 30 de novembro, Lema
• 11 de xaneiro, Noicela-Rebordelos
• 18 de xaneiro, Oza
• 25 de xaneiro, Razo
• 1 de febreiro, Rus
• 8 de febreiro, Sísamo
• 15 de febreiro, Sofán
• 22 de febreiro, Verdillo
• 29 de febreiro, Vilela