Saturday 16 de November de 2024

Os socialistas esixirán no Parlamento que a Xunta paralice o traslado da farmacia de Marrozos


§ O grupo parlamento presenta unha proposición non de lei para instar á administración autonómica a non autorizar o cambio de emprazamento “co fin de non prexudicar gravemente o servizo farmacéu@co da zona”

§ Xa en xullo o grupo municipal presentara unha moción ao pleno da corporación co fin de evitar o peche na actual ubicación, contando co apoio de todos os grupos.

O peche da farmacia de Marrozos que prepara o seu traslado ao Cas7ñeiriño -onde xa hai outras 5 oficinas de farmacia- será deba7do tamén no Parlamento de Galicia. A deputada socialista por San7ago, Noa Díaz, preguntará en comisión se a Xunta de Galicia valora non autorizar o peche que “afectaría a preto de 6.000 que viven nesa contorna”: “trátase de poboación de máis idade, sobre todo, que tería que desprazarse a outros lugares porque a zona quedaría desatendida, e que ademais non sempre dispoñen dun medio de transporte” explica Díaz.

Neste sen7do a deputada insiste en que a Lei 3/2019, de 2 de xullo, de Ordenación Farmacéu7ca de Galicia “é moi clara” establecendo que “non se pode autorizar o cambio de emprazamento se este produce un detrimento grave do servizo farmacéu7co da zona,” en especial “naqueles núcleos en que só exista esa oficina de farmacia como é o caso”.

Así as cousas desde o grupo parlamentario socialista presentouse ademais unha proposición non de lei para precisamente instar á Xunta de Galicia a non autorizar o cambio de emprazamento que solicita o novo propietario da bo7ca “co fin de non prexudicar gravemente o servizo farmacéu7co da zona”.
“Sumámonos á unanimidade do pleno do Concello de San7ago, a proposta tamén do Grupo Municipal Socialista e solicitaremos no parlamento que a Xunta, á que lle corresponde a úl7ma decisión, non autorice ese traslado” afirmou Díaz.

Un traslado que aparentemente responde a intereses puramente empresariais

A farmacia de Marrozos leva 45 anos na súa actual ubicación e foi tan só unha sema despois de adquirir a bo7ca un novo propietario, en decembro do pasado ano, cando solicitou o traslado do negocio a unha nave industrial do Cas7ñeiriño.

Precisamente o calendario desta operación é o que fai sospeitar que a estratexia do comprador era facerse cunha farmacia a baixo custe e solicitar inmediatamente o seu traslado, sen ter en conta que o ese cambio de ubicación provocará graves trastornos na veciñanza que agora só 7ña que andar 100 ou 200 metros para recoller os seus medicamentos e que agora veranse obrigados a percorrer ata 5km para acudir a Lestedo ou ao Cas7ñeiriño.

O grupo municipal presentara no primeiro pleno ordinario unha moción que foi asumida polo resto de grupos como declaración ins7tucional instando á administración autonómica e ao Colexio de Farmacéu0cos a estudar a solicitude de traslado para paralizar a operación.