Friday 22 de November de 2024

O equipo de goberno do Concello de Ribeira reúnese co xefe da Demarcación de Costas


Membros do equipo de goberno de Ribeira mantiveron hoxe unha reunión con Carlos Gil, xefe en funcións da Demarcación de Costas de A Coruña no paseo do Coroso.

Durante o encontro abordáronse as reparacións que se realizarán no paseo debido á erosión da parte inferior do mesmo. “O paseo marítimo é unha zona moi vulnerable debido á acción constante das ondas e correntes, para contrarrestar este problema, é precisa a implementación de medidas de reforzo nos cimentos do mesmo.” explica Vicente Mariño, tenente de alcalde de Ribeira.

Asimesmo, durante a reunión tratáronse as necesidades de actuación e posibles vías de colaboración entre ambas administracións no tocante á obra de saneamento que o Concello está levando a cabo no paseo marítimo de Coroso.