O concello de Ribeira adxudicou a construcción da grada cuberta no campo de fútbol de herba artificial da Fieiteira por un importe de de 217.785,33 euros.
“Actualmente o campo de fútbol de herba artificial da Fieiteira dispón dunhas gradas desmontables cunha cuberta lixeira que resulta insuficiente para as necesidades de aforo actuais. Por este motivo proxectouse a execución dunha grada prefabricada” explica o concelleiro de deportes Xabier Vidal.
A obra, que se executará nun prazo de 4 meses, contempla unha grada de formigón de 30 metros de lonxitude disposta en 4 filas e cuberta con paneis. O acceso realizarase mediante dúas escaleiras situadas nos extremos da grada.