• A proba, que forma parte da liga galega, celebrarase este domingo, 3 de setembro na Praia Grande a partir das 16 horas.
Miño celebrará este domingo, 3 de setiembre, a cuarta Regata Kaiak de Mar Concello de Miño ‘Memorial Agustín Rivera’. A proba, que terá lugar na Praia Grande, forma parte do campionato galego desta disciplina.
Onte, martes 29 de agosto, o alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, xunto co concelleiro de Deportes, José Manuel Pantín, e o equipo directivo do Club Náutico de Miño presentaron onte a competición na Praia Grande de Miño, escenario da cita.
O municipio encherase de piragüistas xa desde o mediodía do domingo, pois o campionato dará comezo ás 16:00 horas coa saída da categoría masculina e feminina de xuvenís, seniors e veteranos. Unha hora e media máis tarde, ás 17:30 horas, será a quenda dos cadetes.
Participarán un total 16 clubs galegos, que levarán a competir a máis dun centenar de deportistas. Os cadetes completarán un circuíto de 5 quilómetros saíndo desde a Praia Grande de Miño cara á praia de Perbes. No caso das demais categorías, terán que afrontar 15 quilómetros, pasando pola praia de Perbes, a de Gandarío e A Insua para logo volver ao lugar de saída, a Praia Grande de Miño.