Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de setembro que se desenvolve nas casas da mocidade. As actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.
Este mes organizaranse paddle surf, kaiak, excursións, teatro, exposicións, obradoiro de string art, torneo de FIFA, obradoiro de cociña molecular,… ademais de continuar co programa radiofónico Mociradio. Para obter máis información ou inscribirse é posible nas casas da mocidade (Santa Cruz e As Pedras), chamar ao 981 614 083, ou enviar un correo a pix.portaberta@gmail.com ou pix.aspedras@gmail.com.