Sunday 06 de October de 2024

Subvencións a empresas que contraten alumnado do Obradoiro de carpinteiría e xardinería


O obradoiro de realización de mobiliario urbano e restauración de zonas verdes está a formar 20 veciños e veciñas de Oleiros que se atopaban en situación de desemprego nos oficios de carpintería e xardinería. Aquelas empresas que contraten algunhas destas persoas van recibir unha subvención de 1.500 euros.

Con esta axuda preténdese facilitar o primeiro contrato de traballo do alumnado e incentivar que as empresas opten por persoal cualificado. O obradoiro finalizará en outubro.

As empresas interesadas nestas subvencións deben dirixirse ao Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo antes do 18 de setembro.