Friday 22 de November de 2024

Adxudicación provisional da conservación de instalacións térmicas en inmobles municipais con miras a un maior aforro


O contrato é de dous anos prorrogables por outros dous

O Concello de Riveira vén de proceder á adxudicación con carácter provisional do servizo de conservación, reparación e mantemento das instalacións térmicas, de calefacción e auga quente sanitaria de todos os centros de educación infantil e primaria, así como de outras dúas instalacións municipais: o Auditorio e o campo de fútbol de Oleiros.

O contrato, que foi licitado de forma conxunta con miras a obter un maior aforro económico para as arcas municipais, ten unha duración de dous anos que se poderían prorrogar con carácter anual ata un máximo de dúas prórrogas.

A empresa que obtivo unha puntuación máis alta na clasificación de ofertas foi Obras y Servicios Lijó, S.L. O prezo total ofertado é de 10.110,86 euros, IVE incluído.