A praza do Concello de Lousame acollerá do 18 ao 20 de setembro o autobús do programa Coidados Porta a Porta, unha iniciativa da Xunta de Galicia para ofrecer servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria ás persoas maiores do rural. Para poder participar, só é preciso ter máis de 55 anos e solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou no mail coidadosportaporta.politicasocial@xunta.gal.
Este programa permitirá que as persoas maiores de Lousame poidan realizar unha revisión e valoración da súa audición; acceder a un servizo de atención podolóxica para prevención, diagnose e tratamento das principais patoloxías dos pés; ou realizar de probas de valoración cognitiva e exercicios de estimulación para a prevención de enfermidades neurodexenerativas coma o Alzhéimer.
Esta será a terceira ocasión na que o autobús do programa Coidados Porta a Porta visite Lousame, cunha gran acollida por parte da veciñanza. A iniciativa, posta en marcha pola Consellería de Política Social para levar servizos asistenciais ás persoas do rural para a prevención da dependencia, conta co financiamento da Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia.