O Concello solicitou á Xunta de Galicia e á empresa concesionaria do servizo de transporte público que o autobús nocturno para as festas de Perillo conecte todas as parroquias do municipio. De facerse tal e como está prevista só se lle dará servizo a cidadáns da Coruña, deixando todas as parroquias de Oleiros sen autobús nocturno.
O Concello reclama que se modifica o itinerario desta liña de transporte especial e se estableza dúas rutas; unha ata Dexo e Lorbé polo intenerario regular da estrada da costa cubrindo tamén Santa Cruz, Dorneda, Serantes e Maianca; e outra desde Perillo pasando por Montrove, Oleiros, Iñás e Nós. Este sería o único xeito de establecer un sistema útil para a cidadanía de Oleiros e non pensar unicamente nos cidadáns da cidade que desexen vir á esta festa.