• A xornada tivo lugar no igrexa de Santa Marta da Atalaia e a programación incluíu a entrega de premios do XVII Certame de Poesía Antón Zapata e a presentación de ‘Treides conmigo!’, o novo disco de Xoán Curiel.
• Os premios desta edición recaeron en Alexandra Alfaro, Lucía Senande e Francisco Javier Lema, nas categorías infantil, xuvenil e adulto, respectivamente.
Poesía e música foron hoxe as grandes animadoras do serán en Laxe coa conmemoración do popular ‘Solpor Poético’ que este ano celebrou a súa décimo sétima edición.
A xornada, celebrada na igrexa de Santa María da Atalaia, incluíu na súa programación a entrega de premios do XVII Certame de Poesía Antón Zapata García, premio nomeado deste xeito na honra do poeta laxense.
Deste xeito, ‘Natureza’, o poema da nigranesa Alexandra Alfaro fíxose coa vitoria na categoría infantil, mentres que ‘Non quedará na túa memoria’, de Lucía Senande, veciña de Baio, fixo o propio na modalidade xuvenil. En adultos o triunfo recaeu no laxense Francisco Javier Lema e a súa creación ‘Conversa’.
Outro dos grandes atractivos da xornada foi a presentación do novo disco de Xoán Curiel, ‘Treides Conmigo!’, un traballo que combina xéneros como o folk e música popular galega e do cal a veciñanza puido gozar ‘in situ’ grazas á interpretación dalgunhas das pezas que o integran.