O Concello da Pobra do Caramiñal súmase un ano máis á celebración do Día Mundial da SIDA apoiando, como vén sendo habitual nos últimos anos, a campaña que cada primeiro de decembro, a ONU, a través do seu programa
ONUSIDA, pon en marcha a nivel mundial.
A Concellaría de Servizos Sociais da Pobra, dirixida por Miguel Alamancos Sobrido, apoia esta campaña promovendo a organización de iniciativas dirixidas á poboación do concello, particularmente á xuventude, por ser este un dos grupos de maior risco de contaxio da SIDA. Sendo a sensibilización e a prevención elementos clave na redución da transmisión do VIH, levarase a cabo a distribución de lazos, folletos informativos e preservativos en diversos pubs da localidade, lugares habituais de reunión para a xuventude. Ademais, o día 1 de decembro, distribuirase por dependencias municipais, o centro de saúde e o centro sociocomunitario folletos e guías relacionadas coa prevención desta enfermidade, ao que se engadirán lazos e preservativos. Dende a Concellaría de Servizos Sociais da Pobra, preténdese transmitir unha mensaxe de prevención para a poboación en xeral, pero especialmente entre a xuventude, facendo un chamamento á responsabilidade que temos cada un de nós no coidado da nosa saúde e da saúde dos demais, e animando a rexeitar as condutas de risco que poidan comprometer a nosa integridade, futuro, e benestar físico ou social.
A Concellaría de Servizos Sociais da Pobra convida á cidadanía a prender o lazo vermello, símbolo mundial de solidariedade cos afectados