Friday 22 de November de 2024

O ‘Baile dous Xardíns’ cambia de localización #ante as previsións de choiva


• O evento, que tiña prevista a súa celebración nos Xardíns de Julio Dávila, desenvolverase na Praza de Isabel II

• O día e a hora mantéñense

Ortigueira despedirá o mes de agosto este sábado co ‘Baile dous xardíns’ a pesar da choiva. Porque aínda que as previsións meteorolóxicas indican que este sábado ás 22:30 é moi probable que haxa precipitacións, o Concello anticipouse e recolocou o evento.
Deste xeito, o ‘Baile dous Xardíns’ non se celebrará nos Xardíns de Julio Dávila, como estaba previsto inicialmente, senón que se trasladará uns metros: ata a Praza de Isabel II.
Deste xeito, o día e a hora do evento mantéñense co obxectivo de crear noite de baile e convivencia veciñal ao aire libre.
Como xa fora anunciado, o acto será gratuíto e estará aberto a todos os públicos. E aínda que non se estableceu un código de vestimenta, si é recomendable acudir con certa formalidade, xa que se busca homoxeneizar imaxe da celebración.
Para amenizar a velada, Son ao Son e José Antonio Quesada poñerán a banda sonora. Deste xeito, o goberno local anima a todos os habitantes de Orti-gueira a acudir a unha noite na que se xerará un clima máxico dentro dunha festividade que se busca consolidar no calendario para despedir da me-jor maneira posible ao mes do verán por excelencia.