Saturday 23 de November de 2024

Alternativa solicita a construción dun mercado municipal de abastos


Alternativa dos Veciños presentara unha moción ao pleno ordinario de agosto, para solicitarlle ao Goberno Municipal a construción dun mercado municipal de abastos

“O Grupo Municipal de Alternativa dos Veciños considera prioritario
para o noso concello a construción dun mercado de abastos.
Os mercados municipais son uns espazo privilexiados que actúan como
referentes territoriais e comercias e que están fortemente vinculados aos pobos” apunta Noelia Martínez, Voceira do Grupo Municipal de Alternativa dos Veciños.

“O mercado municipal é un lugar onde se ofrece unha experiencia única de compra, onde a calidade, a frescura e a tradición se combinan para brindarnos unha seria de vantaxes inigualables: Produtos frescos de primeira calidade, variedade e diversidade de produtos, relación directa cos produtores, apoio a economía local, prezos xustos e competitivos, ambiente acolledor e tradicional, conciencia alimentaria e tradicional, espazo de encontro social e cultural” expón Noelia.

“Esperamos que se valore a nosa proposta de forma positiva e se acorde poñer en marcha a construción dun mercado municipal de abastos. Tamén, que se cre un mesa de traballo onde estean representados todos os grupos políticos e os sectores implicados, para así, coas aportación de todos, poder atopar a mellor localización e deseño do mesmo” matiza a Voceira de Alternativa.