Saturday 16 de November de 2024

Os clubs galegos con licenzas de deportistas con discapacidade reciben 227.000 euros para a adquisición de equipamento deportivo


_En total concedéronse 46 axudas para a compra de bicicletas adaptadas, cadeiras de rodas, embarcacións adaptadas, remolques ou protectores, entre outros: 17 entidades beneficiarias na Coruña, seis en Lugo, dúas en Ourense e 21 en Pontevedra

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a relación definitiva das solicitudes beneficiarias, as desestimadas e as inadmitidas, ao abeiro da Orde do 13 de abril de 2023 para a concesión de subvencións a clubs deportivos galegos con licenzas de deportistas con discapacidade, para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado. Estas subvencións inclúense no Plan de Promoción da Igualdade no Deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia- Financiado pola Unión Europea – NexGenerationEU. En total, foron 46 os clubs beneficiarios destas axudas que contaron cun crédito orzamentario de preto de 227.000 euros (226.754 euros).

Máis polo miúdo, na provincia da Coruña houbo 17 entidades beneficiarias que foron: Club de Remo Ares con 6.200 euros para unha embarcación adaptada, Asociación Doma Adaptada Galicia (Bergondo) con 1.200 euros para diverso equipamento adaptado a persoas con discapacidade; Club Ría de Betanzos (Betanzos) con 3.600 euros para embarcacións adaptadas; Club Piragüismo Rías Baixas (Boiro) con 4.864 euros para embarcación adaptada e pas; Club Cabanas KDM (Cabanas) con 4.320 euros para embarcacións adaptadas; Asociación Deportiva e Cultural Bolboretas A Coruña Dragon Boat Bcs (A Coruña) con 10.579 euros para embarcación adaptada e pas; Club Deportivo Inclusivo Enki (A Coruña) con 5.000 euros para diverso equipamento de adestramento adaptado á persoas con discapacidade; Agrupación Deportiva Minusválidos Ferrol (Ferrol con 5.280 euros para cadeiras de rodas multideporte; Club Hípico Equo Alalma (Ferrol) con 1.696 euros para chalecos airbag: Club Pulpeiros Mugardos (Mugardos) con 5.324 euros para bicicleta adaptada; Club Tenis de Mesa Cidade de Narón (Narón) con 4.144 euros para mesas e robot para adestramento autónomo de tenis de mesa; Club Deportivo Akai Ryu (Negreira) con 2.102 euros para diverso equipamento de adestramento adaptado á discapacidade sensorial; Adeco-Dea (Noia) con 5.056 euros para diverso equipamento náutico adaptado a persoas con discapacidade; Club do Mar de Noia (Noia) con 13.000 euros para embarcacións adaptadas; Asociación Ambar (A Pobra do Caramiñal) con 2.335 euros para diverso equipamento de adestramento adaptado á persoas con discapacidade; Club Náutico Folixa (As Pontes de García Rodríguez) con 6.716 euros para embarcación adaptada; e Club Galicia Waterman (Santiago de Compostela) con 3.200 euros para equipamento paddlesurf híbrido adaptado.

No caso de Lugo foron seis as entidades beneficiarias: Societario de Cazadores Terra Cha (Cospeito) con 3.552 euros para diverso equipamento de tiro adaptado a persoas con discapacidade; Club de Tenis As Termas (Lugo) con 5.000 euros para cadeiras de rodas adaptadas; Club Fluvial de Lugo (Lugo) con 5.049 euros para embarcacións adaptadas; Club Piragüismo Ciudad de Lugo (Lugo) con 4.860 euros para embarcacións adaptadas; Club de piragüismo Altruán de Ribadeo (Ribadeo) con 2.228 euros para embarcación adaptada; e Club Hípico La Cruz (Taboada) con 5.102 euros para diverso equipamento hípico adaptado a persoas con discapacidade.

Na provincia de Ourense tan só conseguiron axudas dúas entidades. Por unha banda o Club Fluvial Avión (Castrelo de Miño) con 4.974 euros para embarcación adaptada, pas e chalecos; e pola outra a Asociación De Escaladores Ourensáns (Ourense) con 4.162 euros para equipamento escalada adaptado.

Por último, a provincia de Pontevedra conta con 21 entidades beneficiarias: Monte Real Club de Yates de Baiona (Baiona) con 15.410 euros para material náutico adaptado; Club de Mar Ría de Aldán (Cangas) con 5.682 euros para Embarcacións adaptadas; Club Marítimo Deportivo e Cultural Breogán Do Grove (O Grove) con 5.960 euros para embarcación adaptada e pas; Club Piragüismo Illa De Arousa (A Illa de Arousa) con 3.678 euros para embarcacións adaptadas; Imua Paddle Surf Club Aguete (Marín) con 4.130 euros para cadeira anfibia, arnés e freos hippocampe; Wind Club Aguete (Marín) con 3.175 euros para base de guindastre, guía e braga de transferencia; Club Tenis De Mesa Mos (Mos) con 4.688 euros para cadeira e protectores; Quenlla Surf Clube (Nigrán) con 4.993 euros para táboas surf adaptadas e neoprenos adaptados; Asociacion De Boxeo De Pontevedra (Pontevedra) con 6.000 euros para diverso equipamento de boxeo adaptado á discapacidade sensorial; Club Natación Galaico (Pontevedra) con 1.996 euros para cadeira anfibia mariña; Escola Xadrez De Pontevedra (Pontevedra) con 1.823 euros para xogos de xadrez adaptadose outro equipamento adaptado; Spsco Watersports (Sanxenxo) con 4.486 euros para cadeira de rodas hippocampe e accesorios; Club Kayak Tudense (Tui) con 5.000 euros para embarcación adaptada, pas e ergómetro; Club Náutico Inclusivo Baixo Miño (Tui) con 3.984 euros para material náutico adaptado; Agrupación Deportiva Sodim (Vigo) con 7.029 euros para material náutico adaptado; Club De Esgrima De Vigo El Olivo (Vigo) con 2.340 euros para luces de reacción e sinalizador; Club Deportivo Delikia (Vigo) con 1.786 euros para runbike; Club Deportivo Minauta (Vigo) con 14.928 euros para embarcación e remolque; Grupo de Montaña Alud (Vigo) con 5.000 euros para diverso equipamento de escalada adaptado a persoas con discapacidade; Club Piragüismo Vilaboa (Vilaboa) con 3.678 euros para embarcacións adaptadas; e Club Kenpo Vilagarcía (Vilagarcía de Arousa) con 2.913 euros para diverso equipamento de adestramento adaptado a persoas con discapacidade.

Todos os beneficiarios son clubs deportivos galegos que na tempada 2022/2023 ou 2023 contaron con licencias de deportistas con discapacidade. A Xunta de Galicia cubre o 80% do gasto subvencionable e o importe máximo da axuda é de 5.000 euros.

A practica deportiva, a nivel competitivo, caracterízase pola necesidade de contar cunha serie de equipamentos deportivos que faciliten e melloren as condicións nas que os deportistas desenvolven a súa modalidade ou especialidade. Neste sentido, faise preciso arbitrar un sistema de axudas públicas dedicadas á adquisición de equipamentos, a fin de contribuír na modernización e actualización do material deportivo necesario para o adecuado exercicio da práctica deportiva do que dispoñen as citadas entidades. Particularmente a atención ao colectivo de poboación con algún tipo de discapacidade convértese nun reto ineludible para os poderes públicos, a fin de posibilitar que a súa liberdade e igualdade sexan reais e efectivas, removendo os obstáculos que impiden ou dificultan a súa plenitude e facilitando a participación de todas e todos, entre outras, na práctica deportiva.

Esta orde de subvencións chega nun dos momentos máis doces do deporte adaptado galego que vén de realizar unha brillante actuación nos Xogos Paralímpicos de Toquío. A delegación galega formou o 15% da selección española paralímpica e regresou de Xapón co 87,5% dos deportistas clasificados entre os oito mellores do mundo.

Cómpre salientar que a Xunta de Galicia xa investiu máis de 4,6 millóns de euros en 2022 para a adquisición de equipamentos deportivos, sendo o máximo histórico anual dirixido a este obxecto que representou o 44,61% do total do investimento da Xunta de Galicia no período 2019-2022 e o 46,7% de entidades beneficiarias neste mesmo período. Dende o exercicio 2019, o Goberno galego destinou un total de 10,34 millóns de euros a subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos, resultando beneficiarias un total de 1.741 entidades.

A través destas ordes de axudas de equipamentos deportivos, as entidades xa podían obter equipamento deportivo adaptado. A novidade é que a orde de equipamentos aprobada polo Consello é a primeira que se publica especificamente para deporte adaptado.