Os representantes do concello pontevedrés tamén se interesaron polo funcionamento da unidade de atención temperá
Unha delegación do Concello de Redondela encabezada pola concelleira de Persoas Maiores e Infancia, Sanidade e Medio Ambiente, Pilar Martínez González, e o concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar Rodríguez, visitou hoxe o noso concello para aprender da nosa experiencia na xestión dos residuos orgánicos e na compostaxe.
Os representantes do Concello de Redondela mantiveron unha xuntanza co alcal-de, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras, Luis Lamas, na que tamén partici-paron técnicos vinculados aos servizos municipais de xestión dos residuos, que expuxeron as liñas básicas do traballo que vén desenvolvendo o Concello de Car-ballo nesta materia, na que somos un referente dentro e fóra de Galicia; así coma os aspectos administrativos e o funcionamento do servizo, sobre todo no que se refire ao programa de compostaxe na zona rural e á experiencia urbana “Ti tes a chave”.
En liña coa Estratexia Española de Economía Circular, a nova Lei de Residuos e Solos Contaminados obriga a todas as entidades a reducir gradualmente os resi-duos, e establece un calendario de implantación da recollida separada de biorresi-duos domésticos, a partir do ano 2022 para concellos con máis de 5.000 habitan-tes, e a partir do 2024, para todos os demais, o que obriga a todos os gobernos municipais a adoptar plans de xestión como o que ten implantado o noso concello, que foi pioneiro, dende hai xa varios anos.
Durante a súa estadía en Carballo, os representantes do Concello de Redondela tamén se reuniron coa concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, Maica Ures, coa que falaron sobre políticas sociais e, fundamentalmente, sobre o convenio coa Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) para o funciona-mento da Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar (UDIAF).