Dous espazos céntricos da localidade vibrarán ao son dos tres concertos de verán que ofrecerá a Banda de Música Ateneo Musical da Pobra.
A este respecto, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, indica que se lle dá continuidade a esta proposta que non só contribúe a dinamiza-la vida cultural do municipio ao final da época estival, senón que tamén se converte nunha maneira atractiva de lle amosar ao público o traballo e talento das persoas que integran a dita banda.
O primeiro dos concertos será no 26 de agosto, ás 22.00 horas, no Cantón da Leña, lugar que será escenario dunha segunda sesión no 1 de setembro, ás 21.00 horas. As actuacións rematarán no 3 de setembro, ás 13.00 horas, nos Xardíns de Valle-Inclán.
Para asistir non é preciso inscribirse.