A concelleira de Cultura, Antía Alberte e o concelleiro de Festexos, Franciso Suárez-Puerta, presentaron hoxe a XIII Edición do Festival Salsa na Rúa, evento sociocultural adicado á música e danza afrolatinas.
O encontro está promovido pola Asociación Cultural Haveira e a Escola de Baile El TomaSon, dirixida por Orlando González. “Este tipo de eventos, ademáis de incentivar as actividades artísticas, son unha gran oportunidade para favorecer o intercambio cultural” afirmou a concelleira Antía Alberte.
O programa, que se desenvolverá durante o venres 25 e sábado 26, contará con talleres abertos, espectáculos e animacións ao aire libre. Tamén acudirán artistas e invitados nacionais e internacionais chegados dende países como Portugal, Senegal, Brasil, Cuba, República Dominicana e Venezuela.