Saturday 28 de September de 2024

Atlético San Pedro e Obrero de Oleiros clasificadas para a final feminina do Trofeo Concello de Oleiros


Atlético San Pedro e Obrero disputarán a gran final do II Trofeo Concello de Oleiros de fútbol feminino. O Santa Cruz foi o equipo que quedou eliminado no triangular clasificatorio disputado no Campo Leonardo Maceira dos Regos.

A final desta competición disputarase o vindeiro sábado 26 de agosto ás 17:00 horas no Campo Deportivo Municipal A Marola. No caso da final masculina, será o mesmo día e no mesmo campo, ás 19:30 horas. O Hércules e o Marino, nunha semifinal, e o Atlético San Pedro e o Santa Cruz, na outra, son os 4 equipos que optan a clasificarse.