O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, a concelleira de Economía e Facenda, Herminia Pouso Maneiro e o concelleiro de Turismo, Festexos, Relacións Institucionais e Novas Tecnoloxías, Franciso Suárez-Puerta Colomer, mantiveron hoxe unha reunión co responsable do Parque de Bombeiros de Ribeira.
No encontro abordouse a situación do colectivo e o estado do servizo do parque comarcal ubicado no Xarás. Pola súa parte, o equipo de goberno de Ribeira trasladoulle o seu apoio na loita por un convenio xusto e digno.
Luís Pérez, alcalde de Ribeira, destaca que é imprescindible a mellora das condicións do sector para garantir a súa seguridade e a de toda a cidadanía. “Dende o Concello incidiremos nas peticións de aumento de persoal e equipamento ás autoridades competentes. É fundamental que dende a Xunta se recoñezan os dereitos laborais e as necesidades lexítimas deste sector, para que poidan realizar o seu traballo de xeito seguro e eficiente”.